🤝 Programa TR802J – Subvencións para incorporación de persoas socias en cooperativas e sociedades laborais

🤝 Programa TR802J – Subvencións para incorporación de persoas socias en cooperativas e sociedades laborais

🎯 Obxectivo
 
Fomentar que persoas físicas accedan á condición de socias traballadoras ou de traballo, en cooperativas ou sociedades laborais, ou que persoas emprendedoras por conta propia se incorporen como socias nunha cooperativa.
 
 
👤 Quen pode beneficiarse?
Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego 🧾
Socias/os a proba ou que pasen de socias/os parciais a completas/os
Asalariadas/os dunha cooperativa ou dunha empresa que se transforme
Persoas emprendedoras que se integren nunha cooperativa para comercializar os seus produtos ou acceder a subministracións, con domicilio en Galicia 🏡
 
Condicións:
Incorporación a xornada completa ou parcial (mínimo 50%)
Unha soa solicitude por persoa. Non se aceptan se xa foron socias nos últimos 2 anos ou recibiron subvencións similares nos últimos 5 anos
É necesario presentar plan de empresa ou memoria técnico-económica para acreditar a viabilidade do proxecto 💼
 
 
💰 Contía da subvención
 
    1. Ata 6.000 € para incorporación como socia/o traballadora/o indefinida/o
    2. Ata 3.000 € para quen pase de socia parcial a completa.
 
Incentivos acumulables (+25%) se a persoa beneficiaria:
 
  • É muller 👩
  • Ten discapacidade ♿
  • Está en risco de exclusión social 🛑
  • É maior de 45 anos 👴
  • É emigrante retornada 🌍
  • É persoa trans 🏳️‍⚧️
  • Vive ou traballa nun concello rural 🏞️
  • A entidade é nova con mínimo 4 socias/os
    • É unha cooperativa xuvenil 👥
 
  1. Subvencións a tempo parcial ou fixo descontinuo redúcense ao 50%.
  2. Non se poderá superar a achega mínima ao capital social que se esixa segundo os estatutos da entidade.

 

🗓️ Prazo de solicitude
Desde o 8º día hábil tras a publicación no DOG 📰 ata o 16 de setembro de 2025, ou ata esgotarse o orzamento dispoñible.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *